Achei na personaxe de Rita Albero un pouco, un algo, un moito da muller que son. Do medo a ter crianzas. Talvez porque é un temor máis común do que pensamos, que vai alén da presión social. Fica na maternidade a responsabilidade de asegurar o futuro do país, a continuación dunha familia, a lembranza dos devanceiros. Relégase en nós máis do que algunhas podemos soportar.